induplan-11

Induplán

Razón social: Industrias Plásticas del Noroeste (Induplan)induplan

Na actualidade a compañía dispón dunha superficie industrial de 15.000 metros cadrados que está optimizando mediante a implantación de servizos de mellora do Programa ReAcciona orientados á profesionalización da produción e á mellora dos procesos de xestión e control dos stocks en almacén.

Industrias Plásticas del Noroeste (Induplan) incrementou o seu cadro de persoal máis dun 50% durante o último ano, pasando de 15 a 23 traballadores, e prevé incrementar  a súa facturación este ano entre o 15 e o 20%.Creada en 1976, a empresa de Vimianzo foi pioneira da introdución do PVC en Galicia e mantense como unha das catro primeiras deste sector de España, fabricando e distribuíndo carpintería tanto para particulares como para profesionais.